ISBN: 9789681682521
Formato: Tapa cartoné; 22,5 x 28,5 cm., 36 pp.
Primera edición: 2007
Última edición: 2007


El INCREIBLE NIÑO COME LIBROS

Esta é a historia de Henrique, un neno ao que lle encantan os libros, pero non   como lle poden gustar a calquera neno. Un día, mentres que nunha man tiña un chupa-chups e na outra un libro, Henrique , distraidamente probou o libro e notou que lle gustaba, e aínda que tiña as súas dúbidas, decidiu comer primeiro unha  palabra, logo unha oración e máis tarde unha páxina. Nun par de días xa comera o libro enteiro e...

XAIME E AS LANDRAS 
Xaime plantou unha landra, pero…  antes de que puidese medrar un esquío desenterrouna e agachouna. 
Un conto de outono


GIANNI RODARI , ESCRITOR ITALIANO ADICADO Á LITERATURA INFANTIL E XUVENIL


"Confundiendo historias", "Inventando números", "¿Qué hace falta?" "cuentos por teléfono", "cuentos escritos a máquina", "gramática da fantasía", "cuentos largos como una sonrisa"... de Gianni Rodari, o gran renovador da pedagoxía moderna e un dos autores de referencia na literatura infantil.













El gran pedagogo y escritor italiano Gianni Rodari (1920-1980)

AS SETAS NO OUTONO


A Asociación Micolóxica da Costa da Morte " Pan de raposo" celebrará as XII Xornadas Micolóxicas no vindeiro fin de semana e, invita a todos os escolares da zona a unha charla "especial para nenos e nenas" co título "O mundo máxico dos fungos" impartida por José María Traba Velay o domingo 4 de novembro ás 6 da tarde na Escola Municipal de Música ( alameda de Cee).

BENVIDOS E BENVIDAS A UN NOVO CURSO ESCOLAR

Ola a todos e a todas, alumnado deste colexio de Carnota. O próximo  luns  día 5 de novembro a biblioteca do colexio abre as súas portas para vós. Ata agora non foi posible porque era necesario organizala de novo para que poidades disfrutala neste curso. Mergulládevos  nos seus andeis e atoparedes novas e divertidas historias, e máis que irán aparecendo ao longo do curso a medida que se vaian mercando máis libros e poñéndoos  á vosa disposición.  Esperamos a vosa colaboración  para que a biblioteca sexa un lugar entrañable e acolledor no colexio.
O DÍA 22 SERÁ O ÚLTIMO DÍA DO CURSO ESCOLAR. HABERÁ UN FESTIVAL DE FINAL DE CURSO CON ACTUACIÓNS DE TODO O ALUMNADO CON BAILES, TEATRO...
QUEDADES INVITADOS AO EVENTO, DESEXAMOS QUE VOS GUSTE!
PUBLICADA NESTE BLOG A GUÍA DE LECTURA DO VERÁN 2012. DESEXAMOS QUE DISFRUTEDES COAS RECOMENDACIÓN E QUE PASEDES UN FELIZ VERÁN!
NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS ENTREGARASE O PREMIO DO I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "A NATUREZA NO TEU ENTORNO"
O LIBRO VIAXEIRO DESTE CURSO XA ESTÁ DE VIAXE POLAS AULAS DO COLE!!!
XA SE ESTÁ A TRABALLAR NA NOVA EDICIÓN DA REVISTA ESCOLAR DESTE CURSO. PRONTO PODEREDES VER PUBLICADOS NELA OS VOSOS TRABALLOS!
O DÍA  14  DE MAIO FARASE PÚBLICO O FALLO  DO  XURADO DO II CONCURSO LITERARIO "MAREANDO HISTORIAS". O MÉRCORES 16 DE MAIO VÍSPERA DO DÍA DAS LETRAS  GALEGAS NO SALÓN DE ACTOS DO COLEXIO FARASE A ENTREGA DE PREMIOS.

III SEMANA DA PRENSA

Do 19  ao  23  de marzo celebrarase no colexio a III semana da prensa. Haberá un expositor de xornais galegos, nacionais e internacionais onde poderedes ollar a prensa de distintos lugares e facer actividades relacionadas co xornalismo.

CALENDARIO DE ENCARGADAS E ENCARGADOS DA BIBLIOTECA PARA O MES DE MARZO

XA ESTÁ COLGADO NO TABOLEIRO  DE NOTICIAS  DO CORREDOR, O CALENDARIO  DE QUENDAS DE ENCARGADAS E ENCARGADOS DA BIBLIOTECA PARA O MES DE MARZO.
NON ESQUENZADES  AS VOSAS FUNCIÓNS COMO ENCARGADOS-AS, ÁS QUE VOS COMPROMETESTEDES AO FIRMAR  O CONTRATO.

CLUB DE LECTURA DE 6º CURSO "12+1"

NA REUNIÓN DE HOXE, O CLUB DE LECTURA ACORDOU O NOME DO MESMO. GÚSTABALLES O  NOME  " O CLUB DOS 13", PERO POR SER UN NÚMERO "CASE MALDITO" ACORDARON O NOME DE   12+1
A PRÓXIMA QUEDADA É O MARTES 14 DE MARZO PARA FALAR DA LECTURA DOS 3 PRIMEIROS CAPÍTULOS DO LIBRO.
A VERDADE É QUE O LIBRO PROMETE...AVENTURAS. XA VOS IREMOS CONTANDO!

ENCARGADAS E ENCARGADOS DA BIBLIOTECA

O martes 24  á hora do recreo houbo a anunciada reunión do alumnado de 6º curso de primaria para informar sobre en que consiste a tarefa de ser encargado-a da biblioteca escolar.  A reunión foi  un éxito pois asistiu todo o alumnado que se anotou para facer as quendas mensuais.
Os grupos quedaron así:

  • Andrea D e Esther
  • Carla  e Nerea
  • Adrián C e Brais
  • Ramón e Adrián V
  • Aroa e Lucía
  • Lúa, Andrea S. e Alberto
Pódese ver o calendario para o mes de febreiro nunha presentación nesta páxina, e en breve  publicaranse tamén as encomendas deste cargo de " Axudantes da Biblioteca". 
Moitas grazas por colaborar!!!